Igrexa de San Bartolomeu - PONTEVEDRA

Edificada entre 1696 e 1714, esta igrexa xesuíta de estilo barroco segue as pautas estilísticas triunfantes en Roma nese momento. No seu interior atesoura un extraordinario conxunto de retablos e esculturas, atribuídas a artistas da envergadura de Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo ou Bieito Silveira, entre outros das escolas compostelá e castelá. Cómpre destacar a imaxe da Virxe do O así como a da Magdalena.O edificio contiguo, coñecido como Edificio Sarmiento, era a sé do Colexio da Compañía de Xesús ata a súa expulsión no 1767; na actualidade pertence ao Museo de Pontevedra. Son notables nel o claustro e, sobre todo, a grandiosa escaleira de 1722.


Fuente: visit-pontevedra.com

Características de Arquitectura relixiosa

  • Centrico Si
  • Cobran entrada Non