O Pazo está catalogado pola Asociación de Amigos dos Pazos e desde 1.991 inventariado polo Rexistro do Patrimonio Galego. A familia que habitaba o Pazo, emigrou a Colombia e un descendente chegou a converterse nunha figura relevante durante a Guerra de Independencia dese país. No seu escudo figuran as armas de ilustres galegos, como Viéitez, Andrade ou Puga. O Pazo de Almuiña ocupa 1010m2 de planta.
Foi inaugurado en 1998 polo Presidente da Xunta D. Manuel Fraga Iribarne para dar servizo de turismo rural. Categoría Pazo-Hospedería de Turgalicia, dispón de 10 habitacións dobres, sala común e un comedor reconstruído nas antigas cuadras, no que aínda permanece un wáter de pedra, máximo luxo da antigüidade. A 400 metros está a ponte románico de Mourentán, sobre o río Deva, no que os fregueses o 17 de febreiro de 1809, enfrontáronse ás tropas francesas do Xeneral Soult, heroe en Austerlitz. Nas proximidades temos praia fluvial no Miño e o Deva, piscinas, estación de ferrocarril, museo do viño, vestixios Templarios e a vila medieval de Melgaço en Portugal; empresas da área organizan excursións de sendeirismo, rafting, paseos ecuestres, pesca, percorridos en quad; ver arte rupestre ou visitar termas, son outras das diversas actividades ao aire libre a realizar.
A tradición respírase en calquera lugar do Pazo de Almuiña; existen referencias documentais datadas xa en 1.665 d.C. O Pazo levántase no antigo Camiño Real, que unía o sur de Galicia co interior da península. Posúe un hórreo no seu patio interior antigamente dedicado ao secado da lamprea e numerosos túneles para a canalización de mananciais; a propia etimoloxía árabe de "Ao-münya", que significa verxel, indica a vocación agrícola do Pazo, mesmo pola derivación celta de "muin", que significa "vide". Nas proximidades existen xacementos prehistóricos e restos de calzadas romanas, polas que transitou Decio Xuño Bruto (138 a.C); de Arbo procedían as afamadas lampreas que tanto gustaban na Roma Imperial e que aínda agora péscanse e celebran a súa festa a finais de abril.