Basílica de Santa María - PONTEVEDRA

A Igrexa de Santa María é sen dúbida o mellor exemplo de arquitectura relixiosa de toda a cidade. A Real Basílica de Santa María A Maior iníciase no século XVI como iniciativa do gremio de Mareantes, habitantes da Moureira, activo e puxante barrio mariñeiro.
Declarada Monumento histórico Artístico en 1931, Santa María conxuga á perfección o Gótico tardío co Renacemento. A este último estilo pertence a súa fachada principal (s. XVI), obra de Cornelis de Holanda e Joãou Noble, considerada unha das obras cumio do estilo plateresco en Galicia e que alberga unha curiosa imaxe de San Xerome con anteollos. No interior, pódese contemplar o Cristo do Desencravo (s. XVI), o Cristo dos Mariñeiros (s. XVIII) e as abraiantes bóvedas de crucería - 


Fuente: visit-pontevedra.com

Características de Imprescindible

  • Accesibilidad para discapacitados Si
  • Centrico Si
  • Cobran entrada Non
  • Horario de visita 10 a 13,30 e de 17 a 21; domingos e festivos: 10 a 13,30 e de 18 a 21
  • Visitas guiadas Non

Características de Arquitectura relixiosa

  • Accesibilidad para discapacitados Si
  • Cobran entrada Non
  • Horario de cultos luns a sabado: 11 e 20,30 horas; domingos e festivos: 11, 12,30 e 20,30 horas
  • Pódense realizar visitas durante o culto Non