Complejo Inscultórico Rupestre nº1 de CAMPO LAMEIRO

Este conxunto inscultórico componse de dous gravados principais: a Pedra Escorregadoira de Raposeira e a Pena da Carballeira do Pombal. A Pedra Escorregadoira da Raposeira chámase así pola súa grande inclinación, que foi aproveitada polos nenos para deslizarse por ela durante os seus xogos. Nela podemos observar gravados de cruces e esvásticas que, polo suco que teñen, non parecen ter unha antigüidade que as inclúa dentro do Grupo Galaico de Arte Rupestre. A Pena da Carballeira do Pombal, a uns 500 m da anterior, mostra tamén motivos relativamente modernos en comparación cos comúns (cruces entre círculos; tanto na cara vertical coma na superior). Obsérvanse así mesmo rectángulos con cazoletas no seu interior. En conxunto as dúas estacións reflicten concepcións distintas ás que se desprenden dos motivos clásicos.


Fuente: turismo.gal