Atopámonos con dúas estacións rupestres. A de Chan da Lagoa e a de Outero de Chan da Lagoa. A de Chan da Lagoa está formada por dúas rochas. A máis próxima ao camiño divídese en tres zonas: a que ten combinacións circulares; unha que só ten cervos; e outra que une as dúas anteriores. A que posúe combinacións circulares ten figuras pseudolabirínticas, cervos e unha escena de equitación. A outra rocha desta estación é unha grande masa granítica de forma rectangular con estrías naturais dispostas paralelamente: nela represéntanse cervos, combinación circular, un deseño labiríntico e unhas figuras denominadas ídolos-cilindro. Recoméndase velos con luz solar rasante, que é cando mellor percíbense, sobre todo aqueles menos claros. A cronoloxía suponse da transición do III-II milenio a. de C.
Fuente: turismo.gal