Petroglifo Pedra de San Francisco - CAMPO LAMEIRO

Gravados moi próximos á Igrexa de Santa María de Fraguas, dende os que se divisa unha excelente panorámica do val do Lérez e Maneses. Trátase dun panel pétreo cunhas dimensións aproximadas de 3 por 1,5 m e case sen inclinación. Nel obsérvanse gravados de motivos circulares, cervos e cazoletas. A súa datación é da transición do III-II milenio a. de C.


Fuente: turismo.gal