Petroglifos Campo de Matabois - CAMPO LAMEIRO

Esta estación está formada por un grande número de pedras gravadas pero que non son moi doadas de ver. Unha das rochas ten representacións de cazoletas, combinacións circulares e dúas figuras de puñais. Un dos puñais ten un trazo irregular, a folla lisa e presenta nun extremo tres perforacións para suxeitar mediante cravos a folla da empuñadura. O outro ten unha liña que se interpretou como nervio central. Na seguinte rocha hai unha figura interpretada como folla de puñal ou de espada, acompañada dun cervo. A terceira rocha está composta de cazoletas, un puñal de folla curta e ancha con grande empuñadura e pegadas de animais que se dirixen a unha pía pequena. Na seguinte rocha, de pequeno tamaño, hai dúas paletas con pegadas de animais ao seu lado (figuras de paletas que tamén aparecen en Valcamónica, Italia). Nas demais rochas atópanse máis puñais e círculos. Esta estación atópase próxima á de A Lagoa. A cronoloxía suponse da transición do II ao III milenio a. de C.


Fuente: turismo.gal