A capital da arte rupestre de Galicia esténdese polas beiras do río Lérez, nos concellos de Campo Lameiro e Cotobade, próximos á cidade de Pontevedra. Posúe unha das concentracións de petróglifos da Idade do Bronce máis asombrosa de Europa. Salienta principalmente polas escenas de caza de cervos e os deseños abstractos como as combinacións circulares. Neste entorno está prevista a localización do centro de interpretación do Parque Arqueolóxico no monte Paradela, entre os lugares de Paredes e Praderrei, que abranguerá ás zonas limítrofes localizadas nas inmediacións do río Lérez a través de itinerarios e rutas.
O espazo natural coincide con coñecidos coutos pesqueiros do Lérez e algúns afluentes como o Almofrei. Existen numerosas áreas recreativas fluviais e traxectos por boas paisaxes de pontes e muíños.
Fuente: turgalicia.es