Interese paisaxístico
O monte da Escuadra, pertencente á Serra do Cando, é o protagonista deste percorrido de media montaña que mostra unha paisaxe con carballeiras e piñeirais e largacías zonas de pasto para o gando.
Antes de iniciar o camiño na Área recreativa de Santa Mariña, recoméndase visitar a pequena capela que leva o seu mesmo nome e que sobrevive entre os muíños de vento do parque eólico da Serra do Cando.
Na metade de camiño da ruta atopamos o Miradoiro das Tres Rías que, nos días de bo tempo, permite contemplar unha espectacular panorámica na que se poden chegar a albiscar as tres rías da provincia de Pontevedra.
Acceso: Na altura de Ponte Caldelas, na PO-532, que une esta localidade coa cidade de Pontevedra, coller a PO-234 cara a Augasantas e proseguir pola PO-235 ata Barcia. Neste lugar tomamos unha pista ata a Área recreativa Santa Mariña.
Fonte: Turismo.gal