Pontevedra é unha cidade fluvial que está pegada ao mar, unha capital que recibe tanto o interior montañoso como as excelencias da súa Ría e a de Arousa. E iso caracteriza a súa gastronomía. Peixes, mariscos das lonxas próximas como Marín ou O Grove, levan dando cita tradicionalmente coas mellores carnes nesta capital provincial de acusada vida rueira. Abundan os bos mesóns e asadores, a boa comida tradicional galega e o mellor pescado e marisco, sen descoidar a innovación, pois na cidade atópanse tanto un bo número de restaurante galardoados no tradicional, como algúns dos focos de referencia da nova restauración galega.